miércoles, 9 de diciembre de 2015

Reportaxe escrita

Benteler Automotive Vigo S.L é unha sucursal que pertence á empresa de ámbito multinacional Benteler Automotive S.L. Esta sucursal conta con 245 traballadores, dos que 19 son mulleres e os 226 restantes son homes que traballan nesta empresa privada.

Esta multinacional dedicase a transformación  de materias primas coma o aluminio e o aceiro. Polo tanto é unha empresa do sector secundario, do subsector da industria.

A sucursal da que estamos a falar está en fase de expansión en busca de novos retos no mercado industrial. Transforma materiais en todas as sucursais da empresa. Está situada no polígono industrial de Valladares pola cercanía das empresas do mesmo sector.

Usa, para a produción dos materiais, distintos tipos de aceiros, aluminio, enerxía eléctrica, Gas natural, gas de soldadura e pinturas. Todo isto dirixido ao mercado internacional xa que ten compradores en todo o mundo. Para externalizar custos en produción, aforra moita enerxía e mantén os procesos estratéxicos e onde son máis eficientes, como pode ser a portería e limpeza.

En canto os contratos os traballadores gozan de contratos fixos aínda que para algúns eventos  hai contratos temporais. Ten un convenio colectivo propio valido dende 2014 e ata 2016 onde se renovará.

A empresa relacionase actualmente con as organizacións de CEAGA e ASIME.


Benteler Automotive Vigo S.L. está en constante ampliación debido os novos proxectos que lle chegan dende outros países.

1 comentario:

  1. Ola Andrea!

    O blog bastante ben! A reportaxe incompleta (sen documentos nin documentación).

    ResponderEliminar